Master Class con Mangai no Museo Provincial de Lugo

Sep

12

Time: 10:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00 horas
Location: No location set

MÁSTER CLASS «Poñendo en escena xénero e etinicidade», por MANGAI (dramaturga e directora teatral de Támil Nadu). Esta actividade, organizada por Implicadas/os no Desenvolvemento, contará con María Reimóndez, vicepresidenta da organización, que interpretará para os/as asistentes, e coa poeta e dinamizadora cultural Yolanda Castaño.

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia e a Asociación Cultural Morreu o Demo colaboran con esta actividade, que terá lugar o sábado 12 de setembro no Museo Provincial de Lugo impartida por Mangai, dramaturga támil, directora de teatro e profesora universitaria de lingua inglesa en Chennai (Tamil Nadu, India), e cuxo activo compromiso co teatro támil como actriz, directora e dramaturga cumpre xa case tres décadas.

A masterclass está dirixida a actrices, actores, contacontos, titiriteiras/os, directores e directoras de escena e persoas interesadas no mundo do teatro.

«Poñendo en escena xénero e etnicidade» por Mangai

Corpos alienados a escena.

Como habitar o espazo sen ocupalo? Que aspectos das nosas propias identidades avergonzan outras persoas? Como nos afirmamos sen facelas sentir dalgún xeito inferiores ao que somos?

Estas son as cuestións que exploraremos a través dos nosos corpos, memoria e historias neste obradoiro/master class. Combinando a Badal Sircar e Augusto Boal, o obradoiro incluirá imaxes abstractas, improvisación de narrativas e foro de pezas escénicas. Os seus contidos estarán focalizados no xénero, a etinicidade e a linguaxe. A forma daráa o que cada quen traia consigo: apertura e transparencia! Movemento, música, títeres, animación, contacontos… canto nomeemos poderá ter cabida.

Lugar: Museo Provincial de Lugo (refectorio)
Data e horarios: sábado 12 de setembro, de 10h a 14h e de 16h a 20h (con pausa para xantar)
Prazas: máximo 20, por orde de inscrición.
Prazo de inscricións: ata o 10 de setembro ás 15h, no mail info@implicadas.com ou no tlf 886111911
Prezo:15 euros, a ingresar na conta da organización: ES86 2080 0531 1130 4001 0798 unha vez confirmada a praza. Inclúe xantar.
Os e as participantes deberán acudir preparados/as para exercicio físico e comodamente vestidos/as.

Mangai_masterclass_Lugo_L

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para maior información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies