Se queres colaborar economicamente pero neste momento prefires realizar unha doazón a asociarte, non tes máis que facer un ingreso na nosa conta, indicando a palabra «doazón» no concepto.
Tamén podes facer a túa achega a través de Paypal. Non precisas rexistrarte nin ter conta, só unha tarxeta bancaria. É totalmente seguro e non pagarás comisión ningunha pola túa doazón. Pincha no botón:
NOTA IMPORTANTE: As persoas ou empresas que doen a unha entidade sen ánimo de lucro teñen dereito a deducións no IRPF y e no Imposto de Sociedades.
Nos primeiros meses do ano, todos os doantes deben solicitar á ONG o certificado de doazóns, un documento que teñen que presentar na Declaración da Renda e que dá dereito a desgravar un 25% (un 35% no caso das empresas) dos donativos e/ou aportacións periódicas. Máis info: secretaria@implicadas.com
QUE ACONTECE COA MIÑA CONTRIBUCIÓN?
Os cartos que se recollen mediante doazóns e as contribucións da base asociativa permítenos financiar de xeito o máis independente posible os nosos proxectos, tanto os de cooperación ao desenvolvemento no Sur, como os de formación, sensibilización e acción crítica en Galicia.
Ademais, cada tres meses recibirás información directa do proxecto co que colaboras onde poderás comprobar en que se investiu a túa contribución.
As nosas contas son públicas, pódelas consultar nas memorias anuais, que atoparás na sección de Arquivo e, en calquera momento, as/os socias/os poden poñerse en contacto con Implicadas para recibir información sobre os investimentos e gastos da organización.