Rolda de Prensa: presentación Implícate 2016

Ene

07

Time: 11:30
Location: No location set

Que: rolda de prensa na que presentaremos o Implícate 2016, festival de música e palabra solidaria.
Cando e onde: o vindeiro xoves día 7 de xaneiro, ás 11:30 horas, no Concello de Santiago de Compostela.
Coa presenza de: Branca Novoneyra, Concelleira de Cultura do Concello de Santiago de Compostela, Yolanda Castaño poeta e organizadora do Implícate, e Susana Sánchez Aríns, representante de Implicadas no Desenvolvemento.
Máis información:
*Este evento, que Implicadas/os no Desenvolvemento leva organizando xa 11 anos, busca converter a capital de Galicia no marco dunha noite que dea cabida a artistas galegas/os do máximo nivel nas máis diversas disciplinas que se unen para visibilizar o traballo da organización.
*Este ano, ademais de contar coa presenza de artistas coma Caxade, A Panadaría ou Olga Novo, o Implícate servirá de plataforma para lanzar a nova campaña da organización, SUMA!, que ten como punto central unha aplicación para móbil que se presentará esa mesma noite.
*Podedes atopar máis información sobre o festival, que se celebrará o domingo día 10 de xaneiro no Teatro Principal de Santiago de Compostela, na nosa páxina web: http://implicadas.net/event/implicate-2016/ .
Implícate 2016, festival de música e palabra solidaria

.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para maior información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies