Aberta a inscrición para a IV Escola Feminista! Posted noviembre 5, 2015 by Implicadas

0

Comprácenos moito anunciarvos que xa está todo preparado para celebrar a IV edición da Escola Feminista, que nesta ocasión afondará na Comunicación Feminista e a Cooperación ao Desenvolvemento. Ata o 13 de novembro ás 14:00 horas está aberto o prazo de inscrición desta actividade, que Implicadas no Desenvolvemento organiza nesta ocasión coa colaboración da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo.

A cita é o vindeiro sábado 14 de novembro, na sede de Afundación en Vigo (Policarpo Sanz, 26). A xornada centrarase na importancia e responsabilidade que os medios de comunicación e culturais teñen na construción do imaxinario colectivo que perpetua unha imaxe distorsionada, homoxénea e victimizada das mulleres do Sur pero tamén das do Norte, e para elo contaremos con destacadas profesionais do mundo dos medios de comunicación e da cooperación ao desenvolvemento.

Como pode que xa saibades, a Escola Feminista é concibida como un espazo de formación, debate e xeración dunha conciencia crítica aplicable ao traballo no eido da cooperación, o activismo feminista ou o día a día. Nesta ocasión, o programa incluirá unha conferencia da escritora e politóloga Nazanín Armanian, titulada “Mulleres nas guerras de oriente próximo”. A continuación, María Reimóndez impartirá un obradoiro de comunicación feminista en cooperación ao desenvolvemento, e por último, June Fernández, xornalista vasca especializada en xénero, diversidade sexual e migracións falará de “Pikara Magazine: Periodismo de-xenerado”.

Nesta ligazón podedes consultar o programa completo da actividade, e nesta o formulario de inscrición. Agardámosvos o día 14!

Organiza:

marca-implicadas

 

 

 

Patrocina:

Unidade de Igualdade - UVigo

 

 

 

 

 

 

 .

Leave a Comment

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para maior información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies